XXXVII Festival Folclórico Internacional do Emigrante, en Barreiros - 2018
O sábado 4 de agosto, no campo de fútbol da parroquia de San Miguel de Reinante do concello lucense de Barreiros, a Asociación folclórica O Arco da Vella organiza o XXXVIIº Festival Folclórico Internacional do Emigrante, declarado de Interese Turístico Galego, e no que se dan cita agrupacións de danza e música tradicional de Galicia, España e doutros países e continentes. En caso de chuvia, celebrarase no Polideportivo.
Actuacións:
- Group Ogonki (Siberia - Rusia)
- Folk Dance Group Chanthaburi (Tailandia)
- Folk Ballet Group Simyonov (Serbia)
- Agrupación Folclórica O Arco da Vella (San Miguel de Reinante)
Máis info: Facebook

Evento:
Concerto
Organiza:
Asociación Folclórica O Arco da Vella
Data:
04.08.2018
Hora:
22:00
Lugar:
Campo de fútbol 'As Valgas'
As Valgas, s/n
San Miguel de Reinante - Barreiros - 27793Lugo España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





