VII Certame fotográfico 'Galicia' da Casa de Galicia e a Sociedad Fotográfica de Gipuzkoa

Listen to this page using ReadSpeaker
834 lecturas

A Casa de Galicia en Guipúscoa, en colaboración coa Sociedad Fotográfica de Gipúzkoa, coa finalidade de dar a coñecer Galicia en Euskadi convoca o VII Certame Fotográfico Galicia, coas seguintes

BASES:

  • Calendario:
    Límite de recepción de obras: 31 de outubro de 2018
    Fallo do Xurado: 30 de novembro de 2018
    Exposición de obras premiadas: desde decembro de 2018
    As obras gañadoras premiadas pasan a formar parte da colección da Casa de Galicia
  • Participantes: aberto a todos/as os/as fotógrafos/as afeccionados/as e profesionais, do País Vasco e Navarra.
  • Imaxes: Todas as imaxes deberán ser realizadas totalmente polo/a autor/a participante e non poderá incorporar elementos alleos.
  • Tema: Galicia (na súa máis ampla expresión, paisaxe, cultura, folclore, gastronomía, etc.), as fotos, por tanto, poden ser realizadas fóra de Galicia. Nota.- Deberá indicarse o lugar onde está captada a foto.
  • Tamaños e especificacións: as fotos deberán ser presentadas por correo electrónico en premiogalicia@gmail.com contendo os arquivos para o veredicto do xurado en formato JPG dun mínimo de 1920x1080 píxeles a 300 p. p. p. Os arquivos serán nomeados co título da fotografía.
  • Entrega de fotos: as fotos serán enviadas a Sociedad fotográfica de Gipuzkoa, correo electrónico premiogalicia@gmail.com
  • Datos dos/as participantes: nome e dous apelidos, domicilio, código postal e cidade, teléfono, DNI e correo electrónico.
  • Número de obras por participante: cada participante poderá enviar un máximo de catro obras.
  • Premios:
    1º Premio.- 400 euros e trofeo
    2º Premio.- 200 euros e trofeo
    3º Premio.- 100 euros e trofeo
    4º Premio.- Un menú galego para dúas persoas na Casa de Galicia
    5º Premio.- Un menú para dúas persoas no Restaurante Erribera de Ibaeta.
  • Xurado: o xurado estará formado por tres membros da Sociedad fotográfica de Gipuzkoa.
  • Reprodución das obras: a participación neste certame implica que o participante certifica a autoría das súas obras e autoriza á organización á reprodución das obras seleccionadas, libres de cargas, facéndose constar o nome do/a autor/a. Os/as autores/as responsabilízanse da non existencia de dereitos a terceiros e así mesmo de calquera reclamación por dereitos de imaxe. A Casa de Galicia non asume ningún tipo responsabilidade polo mal uso do copyright por parte dos/as autores/as participantes.

Máis info: Facebook

VII Certame fotográfico 'Galicia' da Casa de Galicia e a Sociedad Fotográfica de Gipuzkoa
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Casa de Galicia en Gipuzkoa
Sociedad fotográfica de Gipuzkoa
Data: 
31.10.2018
Lugar:
Sociedad fotográfica de Gipuzkoa
San Juan, 27
Donostia / San Sebastián - 20003Gipuzkoa
España