Presentación do libro «De La Habana a Pontevedra. Tras los pasos del Colón gallego», en Santiago de Compostela
O xoves 21 de decembro ás 20:30 h, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, preséntase o libro De La Habana a Pontevedra. Tras los pasos del Colón gallego, obra do escritor e investigador Carlos Gegúndez López editada pola Asociación Cristóbal Colón Galego.
- A obra desvela a importancia que tivo para a Teoría da orixe galega de Colón o fisterrán Ramón Marcote Miñarzo (bibliotecario do Centro Galego da Habana e presidente do Comité Pro Colón Español), a través da correspondencia co investigador, escritor e político Prudencio Otero Sánchez, e con outras personaxes da época.
- Compleméntase coa importancia e repercusión mundial que alcanzou a 'Teoría galega' no primeiro terzo do século XX, co concurso do xornal ABC (para buscar a identidade do navegante), ou a sesión do Congreso dos Deputados.
- O libro foi presentado no antigo Palacio do Centro Galego da Habana o pasado 30 de novembro (1ª Edición), e inclúe reproducións -a tamaño orixinal- das principais cartas entre personaxes como Torcuato Luca de Tena, Ricardo Beltrán e Rózpide, Rafael Calzada, Enrique Zas, Sofía Casanova, etc.; así como a acta do concello de Lijar (Almería) que recoñece a Cristóbal Colón como español, nos anos 1955 e 1957
Máis info: cristobalcolongallego.wordpress.com

Evento:
Presentación
Organiza:
Asociación Cristóbal Colón Galego
Data:
21.12.2017
Hora:
20:30
Lugar:
Hostal dos Reis Católicos
Praza do Obradoiro, 1
Santiago de Compostela - 15704A Coruña España



