Presentación do libro de poesía «Hai tanto que non estabas / Hace tanto que no estabas», de Vicente Araguas, en Madrid
O martes 26 de setembro ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, preséntase o libro de poemas de Vicente Araguas Hai tanto que non estabas / Hace tanto que no estabas, publicado por Amargord Ediciones en edición bilingüe.
- Acompañará ao autor na presentación Luis Luna, escritor e director da colección 'Fragmentaria'
- Vicente Araguas (Xuvia - Neda 1950), converteuse en escritor en galego vivindo en Escocia. Acabaría instalándose definitivamente en Madrid, onde hoxe leva xa catro décadas. Neste libro o autor, lonxe de axustar contas co pasado, pretende situar este no sitio que lle corresponde. Para o que recupera, ou tenta recuperar, vivencias, sentimentos, amores e frustracións con quen xogara un papel importante na súa vida e hai moito que deixara de facelo. Escrito en galego e editado tamén en castelán, a obra mistura o verso coa prosa poética. Araguas bota man de novo da poesía como terapia, para explicar aquilo onde non pode chegar a filosofía

Evento:
Presentación
Organiza:
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data:
26.09.2017
Hora:
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





