Día das Letras Galegas 2017 en Salvador de Baía

Listen to this page using ReadSpeaker
705 lecturas

O sábado 27 de maio a partir das 15:50 h, na sede da entidade galega na capital baiana, a Asociación Cultural Caballeros de Santiago de Salvador de Baía celebra o Día das Letras Galegas 2017 cunha homenaxe a Carlos Casares, o escritor ourensán a quen se dedica a presente edición da gran festa da nosa cultura.

Programa:

  • 15:50 h. Exposición de carteis sobre Carlos Casares, ofrecida pola Xunta de Galicia
  • 16:00 h. Documental, seguido dunha conferencia a cargo da Prof.ª Elena Veiga, titular do CELGA (Centro de Estudos da Língua e Cultura Galegas) da UFBA - Universidade Federal da Bahia
  • 16:30 h. Actuación do Grupo Folclórico de Caballeros de Santiago
  • 17:00 h. Queimada, sangría, tortilla e empanada

Máis info: na web www.caballeros.com.br e no facebook

Día das Letras Galegas 2017 en Salvador de Baía
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Asociación Cultural Caballeros de Santiago
Data: 
27.05.2017
Hora: 
15:50
Lugar:
Asociación Cultural Caballeros de Santiago
Rua da Paciência, 441 - Río Vermelho
Salvador - 41950-010Bahia
Brasil