Concerto solidario a prol dos/as afectados/as polas inundacións de Comodoro Rivadavia, en Bos Aires
O xoves 13 de abril ás 21:00 h., no Salón A Coruña da sede en Vicente López da A.B.C. do Partido de Corcubión, o grupo de folk galego Faíscas da Pontraga -de xira polo Río da Prata- ofrecerá un concerto solidario a prol dos/as afectados/as polas recentes inundacións de Comodoro Rivadavia.
- Solicítanse artigos de limpeza, pañais ou alimentos non perecedoiros
- Grupo teloneiro: Alborada (ABC do Partido de Corcubión)
- Fin de festa coas/os músicos/as da colectividade que queiran sumarse
- Haberá chiringuito de vixilia
- Máis info no facebook

Evento:
Acto Solidario/Benéfico
Organiza:
Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
Data:
13.04.2017
Hora:
21:00
Lugar:
Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión - Salón A Coruña
A.B.C. Partido de Corcubión Bartolomé Cruz, 1871
Partido de Vicente López, Buenos Aires Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





