Gran Romaría Galega 2017 do Centro Galego de Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
648 lecturas

O domingo 12 de marzo de 10:00 a 20:00 h., na súa sede do Parque Social e Polideportivo de Carrasco, o Centro Gallego de Montevideo organiza a Gran Romaría Galega, a xa clásica cita da institución decana da Galicia do exterior.

  • Presidirán o acto o embaixador de España no Uruguai, Roberto Varela, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro
  • Haberá música e danzas rexionais, gaiteiros/as, orquestra, show e outras atraccións
  • Pratos típicos galegos (polbo, sardiñas, empanada, luras etc.) e crioulos (grella, asado, asado con coiro)
  • É preciso levar cubertos e vaixela
  • Máis info en www.centrogallego.com.uy
Gran Romaría Galega 2017 do Centro Galego de Montevideo
Evento: 
Romaría
Organiza: 
Centro Gallego de Montevideo
Data: 
12.03.2017
Hora: 
10,00
Lugar:
Centro Gallego de Montevideo - Parque Social y Polideportivo de Carrasco
Avenida Italia, 7504 esq. Barradas
Montevideo - 11500Montevideo
Uruguai
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: