Exposición fotográfica 'José Suárez. Unos ojos vivos que piensan', en Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
874 lecturas

Do 9 de decembro de 2016 ao 1 de marzo de 2017, no Centro Cultural España en Montevideo, permanecerá exposta a mostra de fotografía José Suárez. Unos ojos vivos que piensan.

  • José Suárez (Allariz, 1902 – A Guarda, 1974) é unha das figuras máis interesantes e destacadas da fotografía galega do século XX. Nunha época na que predominaban os/as fotógrafos/as por encarga e unha visión costumista da sociedade galega, José Suárez revélase como un artista consciente da súa autoría. A súa obra reflicte unha gran preocupación humanista, incorporando novidades formais propias dos movementos de vangarda europeos como a Nova visión ou a Nova obxectividade, un intelectual admirado polos/as seus/súas coetáneos/as, un namorado de Xapón e Iberoamérica que cambiou o éxito no exilio polo esquecemento na súa terra
  • Datas da exposición: do 09.12.2016 ao 01.03.2017
  • Comisarios: Xosé Luis Suárez Canal e Manuel Sendón Trillo
Exposición fotográfica 'José Suárez. Unos ojos vivos que piensan', en Montevideo
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Cidade da Cultura de Galicia
Embajada de España en Montevideo
Data: 
09.12.2016
01.03.2017
Lugar:
Centro Cultural España
Rincón 629
Montevideo - 11000Montevideo
Uruguai