Exposición de fotografía 'Cenlle: Terra-Xente-Viño. Cultura, patrimonio e tradición', en Castelló
O mércores 23 de novembro ás 19,00 h., no Centro Municipal de Cultura da capital da Plana Alta, inaugúrase a mostra fotográfica Cenlle: Terra-Xente-Viño. Cultura, patrimonio e tradición, organizada polo Centro Galego de Castelló 'O Aturuxo' en colaboración co Concello de Cenlle, adegas da zona, a Deputación de Ourense e a Regidoria de Cultura do Ajuntament de Castelló.
- Datas da exposición: do 23 de novembro ao 20 de decembro
- Exposición sobre este concello da comarca do Ribeiro (Ourense) está composta por imaxes tomadas nos meses de agosto e setembro -incluída a vendima- por Matteo Bertolino, fotográfo italiano afincado en Santiago, coa coordinación do profesor Oleg Lazovski
- A mostra complementarase con outras iniciativas como a cata dos caldos de adegas da zona, que darán a coñecer estes viños, organizada e dirixida pola Asociación Enológica de Castelló

Evento:
Exposición
Organiza:
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Data:
23.11.2016
20.12.2016
Hora:
19,00
Lugar:
Centre Municipal de Cultura
Antonio Maura, 4
Castelló de la Plana - 12001Castellón-Castelló España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





