Exposición fotográfica 'José Suárez. Unos ojos vivos que piensan (1902-1974)', en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
917 lecturas

O martes 18 de outubro ás 19,00 h., na Sala 21 do Centro Cultural Borges de Bos Aires, inaugúrase a exposición de fotografía José Suárez. Unos ojos vivos que piensan.

  • José Suárez (Allariz, 1902 – A Guarda, 1974) é unha das figuras máis interesantes e destacadas da fotografía galega do século XX. Nunha época na que predominaban os/as fotógrafos/as por encarga e unha visión costumista da sociedade galega, José Suárez rebélase como un artista consciente da súa autoría. A súa obra reflicte unha gran preocupación humanista, incorporando novidades formais propias dos movementos de vangarda europeos como a Nova visión ou a Nova obxectividade, un intelectual admirado polos/as seus/súas coetáneos/as, un namorado de Xapón e Iberoamérica que cambiou o éxito no exilio polo esquecemento na súa terra
  • Datas da exposición: do 19.10.2016 ao 09.11.2016
  • Comisarios: Xosé Luis Suárez Canal e Manuel Sendón Trillo
Exposición fotográfica 'José Suárez. Unos ojos vivos que piensan (1902-1974)', en Bos Aires
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Cidade da Cultura de Galicia
Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires
Embajada de España en Argentina
Data: 
18.10.2016
09.11.2016
Hora: 
19,00
Lugar:
Centro Cultural Borges - Sala 21
Viamonte, 525 (esq. San Martín)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - C1053ABLCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina