Día das Letras Galegas 2016 no Centro Galego de Bos Aires
O venres 20 de maio ás 20,00 h., no Teatro Castelao da sede da entidade galega na capital arxentina, o Instituto Argentino de Cultura Gallega do Centro Gallego de Bos Aires celebra o Día das Letras Galegas 2016, que na presente edición homenaxean ao poeta chairego Manuel María.
Programa:
- Proxección do documental Os Xogos Florais do Idioma Galego, de Xan Leira, quen estará presente na proxección
- Intervención do historiador Hugo Rodino
- Intervención de Maisa Ouzande, quen declamará poemas de Manuel María
- Actuación do Coro Polifónico do Centro Gallego
- Actuación do grupo Miña Terra da Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa de Bos Aires
- Máis info no facebook

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Centro Gallego de Buenos Aires - Mutualidad - Cultura - Acción Social
Data:
20.05.2016
Hora:
20,00
Lugar:
Centro Gallego de Buenos Aires - Teatro Castelao
Moreno, 2176 (e/ Pasco)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1094Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





