Taller práctico de emprendemento cultural, en Amsterdam

Listen to this page using ReadSpeaker
839 lecturas

O luns 16 e o martes 17 de maio celebrarase en Amsterdam o 'Taller práctico de emprendemento cultural - Creación e Desenvolvemento de Proxectos', organizado pola Fundación Iberoamericana de las Industrias Culturales y Creativas (Fibicc) no marco do programa CULTUP e co financiamento do Programa de Jóvenes da Dirección Xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España.

  • Obxectivo: o programa CULTUP axuda a emprender aos/ás mozos/as españois/las residentes no exterior ofrecendo formación, recursos e ferramentas e posibilidades de networking, dándolles a oportunidade de especializarse na xestión dentro das industrias culturais e creativas, un sector en crecemento dentro dunha sociedade que avanza cara a un novo modelo produtivo, no que se valora a capacidade de innovación, a transferencia de coñecemento e a aplicación do talento creativo
  • Lugar de celebración: na cidade de Amsterdam (emprazamento por determinar)
  • Programa: picar aquí para descargar
  • Inscricións (ata o 13 de maio): picar aquí
  • Máis info no enderezo de correo-e cultup@fibbic.org
Taller práctico de emprendemento cultural, en Amsterdam
Evento: 
Curso
Organiza: 
Fundación Iberoamericana de las Industrias Culturales y Creativas (Fibicc)
Consejería de Empleo y Seguridad Social de la Embajada de España en Holanda
Data: 
16.05.2016 a 17.05.2016
Hora: 
10,00
Lugar:
Amsterdam
Holanda