Día das Letras Galegas 2016, en Ermua
O domingo 15 de maio o Centro Galego de Ermua celebra o Día das Letras Galegas 2016, que na presente edición da gran festa da cultura galega homenaxea ao poeta chairego Manuel María, coas actuacións musicais polas rúas desta vila biscaíña dos seguintes grupos folclóricos:
- Zumake do Centro Cultural Castilla - La Mancha
- Dantzaris Txindurri de Ermua
- Os Filllos de Breogán, o grupo de cantareiras e pandereteiras Lusquefusque, e o grupo infantil Xoaniña do Lar Galego de Pamplona - Casa de Galicia en Navarra

Evento:
Día das Letras Galegas
Data:
15.05.2016
Lugar:
Centro Gallego de Ermua
San Isidro, s/n
Ermua - 48260Bizkaia España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





