Exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia", en Rianxo
Do venres 1 ao sábado 30 de abril, no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, permanecerá exposta Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia, mostra promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG), a través do seu Arquivo da Emigración Galega, e coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de Rianxo.
- Luces de alén mar conmemora, dunha banda, a efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América, e doutra, as súas realizacións académicas e vizosas realidades nas localidades de procedencia dos/as emigrantes: varios centos de escolas foron construídas nas décadas finais do século XIX e no primeiro terzo do século XX grazas á multitude de iniciativas de intervención escolar mancomunada que xermolaron neste período dende a Galicia da diáspora

Evento:
Exposición
Organiza:
Consello da Cultura Galega, Secretaría Xeral da Emigración & Concello de Rianxo
Data:
01.04.2016
30.04.2016
Lugar:
Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo
Autores da Rianxeira, s/n (Parque Galicia)
Rianxo - 15920 A Coruña España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





