Ciclo cultural 37º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires - Xornada 1: 'Lingua de reis, lingua do pobo'
O venres 3 de xuño ás 19,30 h., na sede da entidade galega na capital arxentina, celébrase a primeira xornada do Ciclo Cultural 37º Aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, con entrada de balde.
Programa da Xornada 1:
- Proxección do documental Lingua de reis, lingua do pobo (28'), onde se presenta a historia da lingua galega desde as súas orixes cortesás, pasando polos Séculos Escuros, o Rexurdimento e ata a actualidade
- Coloquio sobre a lingua galega conducido polo Prof. Carlos Brandeiro
Máis info: nos tlfs. 4952-4468/8858 e na web http://centrogalicia-bsas.org

Evento:
Proxección
Organiza:
Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo
Data:
03.06.2016
Hora:
19,30
Lugar:
Centro Galicia de Buenos Aires - Salón de Hostelería
Bartolomé Mitre, 2552
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1039Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





