IIº Certame de redacción en galego do Centro Galicia en Ponferrada

Listen to this page using ReadSpeaker
1004 lecturas

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2016, dedicado na presente edición ao poeta Manuel María, o Centro Galicia en Ponferrada convoca o IIº Certame de redacción en galego, dirixido a escolares de primaria e de secundaria que optaron polo ensino da lingua galega nos centros escolares do Bierzo.

Bases

  1. Poden concorrer a este certame todos/as os/as escolares de primaria, secundaria e bacharelato que optaron polo ensino da lingua galega nos centros escolares do Bierzo
  2. Os traballos presentaranse en lingua galega, e han de ser orixinais e inéditos. O tema e forma serán libres
  3. A extensión dos orixinais será dun máximo de tres follas e un mínimo dunha cara en tamaño DIN A-4. Todas as páxinas deberán estar numeradas, a excepción da portada. As obras presentaranse por duplicado, con portada e grampadas na marxe superior esquerda. Soamente se pode presentar un traballo por autor/a. No traballo figurará o nome e apelidos do autor ou autora, a idade, o curso actual e o nome do centro onde está matriculado/a
  4. Os traballos poderán enviarse por correo postal a: "Centro Galicia en Ponferrada", Avda. Reis Católicos, 5-7. Ponferrada, ou entregar directamente nas oficinas da asociación (martes e xoves de 19 a 20 horas). A data límite de recepción de orixinais será o 22 de abril de 2016
  5. O xurado, cuxa composición se dará a coñecer ao emitirse o fallo, terá ademais das facultades normais de outorgar ou declarar deserto o premio, e emitir o fallo, as de interpretar as presentes bases. A decisión do xurado será inapelable
  6. O prazo máximo de resolución do procedemento será o 15 de maio de 2016. O fallo darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación
  7. A contía dos premios do II Certame de Redacción en galego será a seguinte:
    -Categoría Infantil: Ata doce anos: 1º Premio 100€, 2º premio 75€ e 3º premio 50€
    -Categoría Xuvenil: Dende os 13 anos: 1º Premio 100€, 2º premio 75€ e 3º premio 50€
    (Os premios deberán ser empregados en adquisición de material escolar)
  8. Os premios entregaranse no acto conmemorativo dedicado ás Letras Galegas a celebrar na sede da Asociación do Centro Galicia en Ponferrada o día 21 de maio de 2016. É requisito indispensable recoller persoalmente o premio
  9. Os traballos non premiados poderán ser retirados polos/as seus/súas autores/as ou persoas autorizadas dispoñendo de 20 días a partir da data de entrega dos premios. Os orixinais non retirados serán destruídos transcorrido o devandito prazo.
  10. O Centro Galicia en Ponferrada dispoñerá das obras premiadas para a súa publicación na forma e xeito que crea oportuno, por outra parte, aquelas obras que pola súa calidade ou interese poidan ser recomendadas polo xurado publicaríanse logo de permiso dos/as seus/súas autores/as
  11. A presentación de obras a este concurso supón por parte dos/as autores/as a aceptación das presentes bases

Máis info: centrogaliciaenponferrada.blogspot.com.es

IIº Certame de redacción en galego do Centro Galicia en Ponferrada
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Centro Galicia en Ponferrada
Data: 
22.04.2016
21.05.2016
Hora: 
24,00
Lugar:
Centro Galicia en Ponferrada
Avda. Reyes Católicos, 5-7 - bajo
Ponferrada - 24402León
España