Subvencións correspondentes aos programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2016
Programas de axudas e subvencións:
- Programa 1. Axudas para de gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior
- Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude
- Programa 3. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas
Entidades destinatarias:
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta convocatoria en cada programa as seguintes entidades:
- Programa 1
a) Entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega ou de centro colaborador da galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade
b) As federacións ou asociacións de entidades galegas inscritas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade - Programa 2
a) As entidades inscritas no Rexistro da Galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade
b) As federacións ou asociacións de entidades galegas inscritas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade - Programa 3:
a) Entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade
b) As federacións ou asociacións de entidades galegas inscritas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES*: picar aquí para acceder á Sede Electrónica
*Nota: Tan só se poderá presentar un único formulario (Anexo I) para todos os programas.
Outra documentación para consultar:
- Texto completo da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)
- Instrucións para tramitar as subvencións (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
Lugar de presentación das solicitudes:
As solicitudes deberán presentarse por calquera dos seguintes procedementos:
a) En soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou o que figura como anexo I das instrucións.
-Neste caso a presentación farase por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
-No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
-Enderezo ao que deben enviarse: Secretaría Xeral da Emigración, Rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela.
-Tamén poden presentarse nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante
b) Por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.
- Para a presentación das solicitudes por este medio é necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
As solicitudes ou a documentación que se presente por Fax ou por Correo Electrónico non terán validez a efectos de constancia de presentación nin de cumprimento de prazos.
Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Promoción das Comunidades Galegas
Teléfonos: 981 545 833 - 981 957 160 Fax: 981 957 179
Correo electrónico: emigracion.subvencions@xunta.es



