Exposición "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí", en Móstoles
O venres 4 de setembro ás 19,30 h., no Museo de la Ciudad de Móstoles, inaugúrase a mostra Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Consello da Cultura Galega e Agadic, e por medio do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI- Filmoteca de Galicia) e a colaboración do Centro Gallego e o Ayuntamiento de Móstoles.
Trátase dunha exposición itinerante composta por 51 imaxes en branco e negro do fotógrafo coruñés Alberto Martí que retratan o éxodo galego a América desde os portos da Coruña e Vigo e o retorno destas persoas durante o período que vai desde o 1957 ata o 1963.
- Datas da exposición: do 3 ao 27 de setembro
- Horario de visita:
-Mércores e venres de 11,00 a 14,00 e de 18,00 a 21,00 h.
-Sábados e domingos de 11,00 a 14,00 h.

Evento:
Exposición
Organiza:
Centro Gallego de Móstoles
Consello da Cultura Galega
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Data:
04.09.2015
Hora:
19,00
Lugar:
Museo de la Ciudad de Móstoles
Andrés Torrejón, 5
Móstoles - 28931Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





