1ª Procesión Náutica da Virxe do Carme, de Hijos de Zas en Bos Aires
O sábado 11 de xullo, a partir das 12,00 h., a Asociación Hijos de Zas en Bos Aires organiza a Primeira Procesión Náutica da Virxe do Carme en Bos Aires.
Puntos de Navegación:
- Embarque: Vuelta de Rocha
- 1ª Parada: el Coloso de Avellaneda; reciben e ofrendan Conxunto de Gaiteiros/as de Institucións na Provincia de Bos Aires
- 2ª Parada: regreso a Vuelta de Rocha onde a Virxe será recibida polos Grupos Folclóricos da Colectividade Galega
- Desembarque: en Puente Transbordadora, reciben Bombeiros Voluntarios da Boca para realizar o traslado final da Virxe en Autobomba á Asociación Fillos de Zas logo de finalizada a romaxe
- Logo do desembarque da Virxe, alí mesmo, haberá unha gran festa (unha romaría) con música, bailes folclóricos e pratos típicos de Galicia
Máis info: Asociación Hijos de Zas
Nota: en caso de choiva pasaría a celebrarse o 18 de xullo

Evento:
Romaría
Organiza:
Asociación Hijos de Zas
Data:
11.07.2015
Hora:
12,00
Lugar:
Vuelta de Rocha
Av. Dr. del Valle Iberlucea & Av. Don Pedro de Mendoza s/n) - La Boca
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - C1169AAQArxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





