Que é iso do Festival de Cans?, na Universidade de Deusto
O mércores 27 de maio a partir das 19,00 h., na Sala Gárate da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas do Campus de Bilbao, a Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto organiza un encontro con Alfonso Pato, director do Festival de Cans.
- Alfonso Pato falará de como naceu e da organización desta cita cinematográfica diferente que se celebra na parroquia de Cans (O Porriño - Pontevedra) e que este ano chega a súa 12ª edición
- Proxectaranse o "making of" dunha das últimas edicións e mesmo as curtametraxes gañadoras
- Máis info no facebook

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto / Deustuko Unibertsitatea
Data:
27.05.2015
Hora:
19,00
Lugar:
Facultad de Ciencias Sociales y Humanas - Sala Gárate
Deustuko Unibertsitatea (Campus de Bilbao)
Bilbao - 48007Bizkaia España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





