'Galicia, Camiño de Santiago', en Burgos
O sábado 18 de abril ás 19,30 h., no Teatro Clunia de Burgos, o Bruxo Queiman e Andrea Pousa presentan o espectáculo Galicia, Camiño de Santiago, coa participación especial dos músicos e bailaríns Andrés Lorenzo e Miguel Lorenzo, e Foles e Ferreñas do Centro Galego en Burgos como grupo invitado. Esta actuación enmárcase dentro dos actos do XX aniversario do Centro Galego de Burgos, o XXII Día de Galicia en Castela e León e o Galicia Pórtico Universal en Burgos.
- Entrega de invitacións: no Centro Galego en Burgos (martes a venres de 18,30 a 20,30 h.)
- Recadación a beneficio do Banco de Alimentos de Burgos (donativo: 2 €)

Evento:
Representación
Organiza:
Centro Galego en Burgos
Data:
18.04.2015
Hora:
19,30
Lugar:
Teatro Clunia
Sta. Águeda, 32
Burgos - 09003Burgos España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:




