Exposición "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí", en Río de Xaneiro

Listen to this page using ReadSpeaker
801 lecturas

Do luns 9 de marzo ao mércores 15 de abril estará exposta, na sede do Instituto Cervantes da cidade carioca, a mostra Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Consello da Cultura Galega e Agadic, e por medio do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI- Filmoteca de Galicia) e a colaboración do Instituto Cervantes de Río de Xaneiro.

Trátase dunha exposición itinerante composta por 73 imaxes en branco e negro do fotógrafo coruñés Alberto Martí que retratan o éxodo galego a América desde os portos da Coruña e Vigo e o retorno destas persoas durante o período que vai desde o 1957 ata o 1963.

  • Horario:
    -Luns a venres de 10,00 a 18,00 h.
    -Sábados de 10,00 a 17,00 h.
Exposición "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí", en Río de Xaneiro
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Instituto Cervantes en Río de Janeiro
Data: 
09.03.2015
15.04.2015
Lugar:
Instituto Cervantes de Río de Janeiro
Visconde de Ouro Preto, 62
Botafogo - Río de Janeiro - 22250-180Rio de Janeiro
Brasil