Entroido 2015 na Hermandad Gallega de Venezuela
Do 14 ao 17 de febreiro., na sede da entidade galega en Caracas, a Hermandad Gallega de Venezuela celebrará o Entroido 2015, con ambiente musical na área da piscina. Ademais, os días 17 e 21 organiza cadansúa festa con concurso de disfraces.
Festa de disfraces infantís - Martes, 17 de febreiro
- Na Pista Techada
- Concurso de Disfraces Infantil
- Haberá grandes premios na categoría individual, parella e comparsa
- As inscricións estarán abertas a partir das 15,00 h.
Festa Octavita de Entroido - Sábado 21 de febreiro, 20,00 h.
- Na Pista Techada
- Concurso de disfraces para persoas adultas
- Amenizada por Djs invitados
- Haberá grandes premios na categoría individual, parella e comparsa
Nota:
A Xunta Directiva da Hermandad Gallega de Venezuela informa a todos/as os/as socios/as que para os días de Entroido 14, 15, 16, 17, e Octavita de Entroido 21 de Febreiro de 2015, quedan suspendidos os pases de cortesía, unicamente poderán ser utilizados os pases cor azul de pronto pagamento. Os convites para os/as non socios/as terán un valor de Bs. 500 (dende nenos/as a partir de 5 anos).






