Presentación da campaña turística #Ribadeoxqsi na Casa de Galicia en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
1085 lecturas

O xoves 29 de xaneiro ás 20,00 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, preséntase a campaña turística #Ribadeoxqsi, que pretende dar a coñecer os motivos principais polos que visitar a vila da Mariña lucense.

  • O acto de presentación contará coa participación do delegado da Xunta en Madrid/director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; e a concelleira delegada, Ana María Martínez, entre outras personalidades

  • Durante o acto darase a coñecer a páxina web de turismo institucional, así como o novo vídeo promocional. A presentación poderá seguirse en streaming e estableceranse conexión en directo con embaixadores de diferentes países.

  • O acto cerrarase cunha mostra gastronómica a cargo de restaurantes da localidade e as/os asistentes terán a posibilidade de participar nun photocall posando con imaxes típicas de Ribadeo que representan un Ribadeo natural, cultural, vivo e próximo

Presentación da campaña turística #Ribadeoxqsi na Casa de Galicia en Madrid
Evento: 
Presentación
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data: 
29.01.2015
Hora: 
20,00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014
España