IIª Mostra de Talentos, do Centro Social de Maiores da Casa de Espanha de Río de Xaneiro
O mércores 8 e o xoves 9 de outubro de 10,00 a 17,00 h., na sede da entidade galega na capital carioca, o Centro Social de Maiores da Casa de Espanha de Río de Xaneiro organiza a IIª Mostra de Talentos, un proxecto onde as/os participantes poden realizar representacións de música, danza, teatro, fotografía, literatura, audiovisual, tecnoloxía, artes plásticas e outras linguaxes afíns.
- Dirixido a persoas maiores de 55 anos
-A participación pode ser individual ou en grupo e con ou sen intrutores/as ou acompañantes - A inscrición realizarase durante o mes de setembro e na última semana do mesmo realizarase unha reunión de coordinación cos/coas seleccionados/as para elaborar o cronograma de presentacións
- Cada presentación non debe superar os 25 minutos
- A participación e a entrada son de balde
- Máis info:
-No correo-e: csm@casadeespanha.com.br
-No tlf. 55 (21) 2536-3150 R: 216 (Vera Lúcia dos Santos - Asistente Social)
-No facebook

Evento:
Representación
Organiza:
Peña Galega da Casa de España
Data:
08.10.2014 a 09.10.2014
Hora:
10,00
Lugar:
Casa de Espanha de Río de Xaneiro
Maria Eugênia, 300 - Humaitá
Río de Xaneiro - 22261-080Rio de Janeiro Brasil
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





