Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 "Literatura galega: identidade, alteridade e exilio"

Listen to this page using ReadSpeaker
961 lecturas

Do xoves 18 ao sábado 20 de setembro celébranse en Madrid as Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 "Literatura galega: identidade, alteridade e exilio", organizadas polo Centro de Estudos Galegos da Universidad Complutense de Madrid e a Facultad de Filología da Universidad Nacional de Educación a Distancia.

Obxectivos:

  • Facer unha posta en común das liñas de investigación que se están a desenvolver nos Centros Galegos das universidades do mundo e noutras institucións, nomeadamente no ámbito da literatura galega fóra de Galicia e do estudo da identidade, a alteridade e o exilio.
  • Favorecer o contacto entre profesores/as, investigadores/as e estudantado interesados no coñecemento e no estudo da literatura galega, así como fomentar o intercambio científico os/as relatores/as e asistentes
  • Abrir e estimular o diálogo entre as distintas xeracións pertencentes á colectividade galega

Destinatarios/as:

  • Profesores/as, investigadores/as e estudantes, Departamentos de Romanística, Centros Galegos en España, Portugal, Hispanoamérica e no resto do mundo, Escolas Oficiais de Idiomas e outras institucións interesadas  no estudo da lingua, da literatura e da cultura galega

Ámbitos temáticos e liñas de estudo:

  • Literatura galega no exterior
  • Literatura galega e outras literaturas
  • Novas investigacións no ámbito da literatura galega: do medieval ao moderno
  • Literaturas peninsulares comparadas
  • Literatura galega, arte e cine
  • Literatura galega e identidade(s)

Sedes:

  • Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED)
    R/ Senda del Rey, 7. Facultade de Filoloxía
  • Universidad Complutense de Madrid (UCM)
    Campus da Moncloa, Cidade Universitaria. Praza Menéndez Pelayo s/n.
    Facultade de Filoloxía e Filosofía (Edificio A)
    Salón de Graos / Aulas 12, 331 e 333

Valoración en horas de formación: 2 créditos libre elección (licenciatura) | 1,5 créditos optativos (grao)

Máis info: na web http://cegmadrid.wix.com/simposioucm-uned2014

Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 "Literatura galega: identidade, alteridade e exilio"
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Universidad Complutense de Madrid (UCM)-Centro de Estudos Galegos & Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED)-Facultad de Filología
Data: 
18.09.2014 a 20.09.2014
Lugar:
Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) - Facultad de Filología
Senda del Rey, 7
Madrid - 28040Madrid
España