Bos Aires Celebra Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker
1355 lecturas

O domingo 14 de setembro, organizado pola Comunidade Galega na Arxentina, o Gobierno de la Ciudad de Buenos Aires e a Xunta de Galicia, celébrase na Avda. de Mayo da capital arxentina "Bos Aires Celebra Galicia".

Programa:

  • 11,00 h. Concentración fronte á Catedral Metropolitana
  • 11,30 h. Misa na Catedral de Bos Aires, concelebrada en castelán e galego
  • 12,50 h. Procesión. Dende a Catedral Metropolitana ata escenario principal, coa figura do Apóstolo Santiago por Avenida de Mayo, coa participación de todos os centros galegos, traxes típicos e asistentes
  • 13,30 a 15,35 h. Actividades artísticas. Sobre o escenario e a vía pública. Grupos de teatro, tango, baile tradicional galego, folclore arxentino e cantareiras, interpretados polos centros de Bos Aires, La Plata, Mar del Plata, Rosario, Santa Fe, Córdoba e dos países veciños Uruguai e Chile. Clínics e Clases Maxistrais
  • 15,40 h. Concerto de Susana Seivane
  • 16,25 h. Entrega no escenario principal das Compostelas aos/ás participantes do programa Conecta con Galicia 2014
  • 17,00 h. Palabras de autoridades
  • 17,15 h. ' Muiñeira do Camiño, a muiñeira mais larga do mundo'. Interpretada por todos os/as músicos da colectividade e bailada ao longo da Avenida de Mayo coa maior cantidade de parellas de bailarins/as ataviados/as que se somen, pretendendo establecer un récord mundial
  • 17,25 h. Entrega premios do concurso á mellor Empanada Galega do Ano
                 Sorteo e anuncio de premios Bono Contribución Organización
  • 17,45 h. Espectáculo a cargo do Bruxo Queiman
  • 18,30 h. Final da celebración. 'Rianxeira' cantada por todos/as os/as integrantes dos centros de Bos Aires, interior do país e países limítrofes, coa participación de Susana Seivane, Bruxo Queiman e Ariel Zamora, xunto a todo o público presente (repartiranse estreliñas a fin formar un manto de fulgores sobre toda a Avenida de Mayo)
  • 19,00 h. Saúdo final a cargo do locutor

Nota: A organización pode modificar os horarios por razóns de forza maior.

Información das Clínicas e Clases Maxistrais

Bos Aires Celebra Galicia
Organiza: 
Comunidade Galega na Arxentina, Gobierno de la Ciudad de Buenos Aires & Xunta de Galicia
Data: 
14.09.2014
Lugar:
Av. de Mayo
(entre Bolivar & Chacabuco)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
XII Festival Cultural Convergências Portugal-Galicia no Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026