Día das Letras Galegas 2014 en Santiago de Chile
O Lar Gallego de Chile festexa o Día das Letras Galegas 2014 coa celebración do seguinte programa de actividades:
- Martes 13 de maio, ás 19,30 h.
-Inauguración da mostra fotográfica Emigración galega ás Américas, que permanecerá aberta ao público na Sala de Exposicións El Greco do Estadio Español de Las Condes ata o martes 27 de maio - Sábado 17 de maio, ás 19,30 h. (Salón Juvenil do Estadio Español de Las Condes)
-Homenaxe a Xosé María Díaz Castro, poeta guitiricense a quen se dedica a presente edición do Día das Letras Galegas
-Entrega de premios do III Concurso de Relato Breve Rosalía de Castro
-Presentación do libro Historias con Historia crónicas entretenidas, de Manuel Mariño Reimann
As persoas interesadas en asistir a estas actividades poden solicitar a súa entrada a través do facebook da entidade.

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Lar Gallego
Data:
13.05.2014
17.05.2014
Lugar:
Lar Gallego de Chile - Estadio Español de Las Condes
Neveria, 4855 - Las Condes
Santiago de Chile - 758-0570Region Metropolitana (RM) Chile
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





