Día de Galicia-Santiago Apóstolo, en Valparaíso
O domingo 14 de xullo a partir das 12,30 h., o Centro Gallego de Valparaíso, coa colaboración do Centro Cultural Gallego de Viña del Mar e a Colectividad Gallega do Estadio Español de Valparaíso e Viña del Mar, celebra o Día de Galicia e o Santiago Apóstolo.
Programa:
- 12,30 h. -Misa
-Mostra de bailes tradicionais no Cruceiro de la Ciudad - 13,30 h. -Xantar de camaradaría
-Actuacións:
Banda de gaitas e Grupo de baile do Lar Gallego de Chile
Grupo de canto e pandeireta da Colectividade galega do Estadio Español
Banda de gaita e Grupo de baile do Centro Gallego de Valparaíso - 17,00 h. -Entrega de premios:
Premio ao galego e a galega do ano (ás e aos socios destacados pola súa cooperación)
Premio á amizade (ás persoas non asociadas que contribuíron ás actividades)
Premio Francisco Sanpedro (á súa traxectoria humanitaria e espírito solidario)
Distincións ás e os socios mozos que destacaron pola súa excelencia académica
Homenaxe ás e aos fundadores do Centro Gallego de Valparaíso no seu 20 aniversario - 17,30 h. -Queimada
Venda de entradas: centrogallego.valparaiso@gmail.com

Evento:
Día de Galicia
Organiza:
Centro Gallego de Valparaíso
Data:
14.07.2013
Hora:
12,30
Lugar:
Estadio Español de Valparaíso
Alonso de Ercilla, 795 (Recreo)
Viña del Mar, Valparaiso (V) Chile
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





