Curso de interpretación de gaita na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid
O sábado 29 e o domingo 30 de xuño a Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela organiza un obradoiro de interpretación de gaita que contará coa participación de Pablo Devigo, o recoñecido e laureado gaiteiro de Castro Caldelas.
- Está dirixido a todas e todos os gaiteiros interesados en mellorar a súa interpretación, a súa técnica e corrixir certos aspectos ou a todos os gaiteiros e as gaiteiras en xeral que queiran coñecer as novas tendencias na gaita galega
- Son precisos uns mínimos coñecementos previos aínda que non é necesario ter un nivel avanzado para inscribirse e vai ser fundamentalmente práctico (existe a posibilidade de inscrirse como alumno ou alumna oínte no caso de non ter coñecementos previos)
- Neste curso de interpretación haberá traballo individual con Pablo Devigo da interpretación de temas propostos polo alumno ou alumna en cada nivel
- Esquema do curso:
- Saúde e práctica postural
- Sistemas e técnicas de afinación
- Técnicas de estudo
- Articulación e ornamentación
- Traballo de aspectos interpretativos sobre o repertorio proposto polo alumno ou alumna Horario: de 10,00 a 14,00 h. e de 16,00 a 20,00 h.
Matrícula:
-85 € para o alumnado activo (65 € para os alumnos e alumnas da Escola A Píntega Marela)
-55€ para os alumnado oínte (40 € para os alumnos e alumnas da Escola A Píntega Marela)Facilitarase material didáctico e ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo
As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición
Máis información:
-apintegamarela@gmail.com
-www.juanluna.es
-www.apintegamarela.org






