Día das Letras Galegas 2013 no Xardín dos Poetas de Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
688 lecturas

O venres 17 de maio ás 11,00 h., no Xardín dos Poetas do Rosedal de Palermo, o grupo de O Terzo da Fala de Bos Aires celebrará o Día das Letras Galegas cun acto de homenaxe a Rosalía de Castro, co gallo do 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos, e a Roberto Vidal Bolaño, o dramaturgo compostelán a quen se dedica a presente edición desta festa da cultura galega.

Día das Letras Galegas 2013 no Xardín dos Poetas de Bos Aires
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
O Terzo da Fala
Data: 
17.05.2013
Hora: 
11,00
Lugar:
Jardín de los Poetas - Rosedal de Palermo
Avda. Presidente Pedro Montt, 1180 (Palermo)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires
Arxentina