III Certame literario Día das Letras Galegas en Frankfürt 2013

Listen to this page using ReadSpeaker
1184 lecturas

Co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño, o Centro Cultural Gallego de Francfort del Meno e.V. organiza o seu III Certame literario.

  • Convócanse dúas categorías, unha infantil (ata os 17 anos) e outra para as persoas adultas (a partir dos 18 anos).
  • Está aberto a todas as persoas interesadas no mesmo, con independencia da súa nacionalidade ou lugar de residencia.
  • As obras deben estar escritas en galego.
  • A extensión dos traballos ha de ser breve, non superando os dous folios a unha soa cara.
  • Temas: "Destino Alemaña" e "Os nenos da emigración"
  • Os exemplares deben enviarse xunto cos datos persoais (nome e apelidos, tlf., enderezo e correo-e) a:

Centro Cultural Gallego de Francfort del Meno e.V.
An der Staufenmauer 14
60311 Frankfürt am Main
centrogallegoffm@arcor.de
alejandraplaza10@gmail.com

  • Prazo de presentación de traballos: antes do 10 de maio de 2013.
  • Fallo do xurado: 16 de maio de 2013.
  • Os premios entregaranse o domingo 19 de maio durante a celebración do Día de Galicia na Konstablerwache, Frankfürt.
III Certame literario Día das Letras Galegas en Frankfürt 2013
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Centro Cultural Gallego de Frankfort del Meno e. V.
Data: 
09.05.2013
Hora: 
24,00
Lugar:
Centro Cultural Gallego de Frankfort del Meno e. V.
An der Staufenmauer 14
Frankfurt am Main - 60311 Hessen
Alemaña