Matanza do Porco 2013, en Rubí
O domingo 17 de marzo a partir das 13,30 h., no Parque de Can Oriol, a Irmandade Galega de Rubí celebrará a súa tradicional Matanza do Porco.
- O prezo do xantar para socios e socias é de 8 € para as persoas adultas e de 3 € para as e os máis cativos (ata os dez anos); para as persoas que non sexan socias o prezo é de 12 e 6 € respectivamente.
- Os tiquets de asistencia poderanse adquirir na caseta de información instalada no mesmo parque ou os sábados de 17,00 a 20,00 h. na sede da entidade (Carrer de l'Inventor Monturiol, 18 - Baixo).
- Máis info: irmgalegarubi@terra.es

Evento:
Festa
Organiza:
Irmandade Galega de Rubí
Data:
17.03.2013
Hora:
13,30
Lugar:
Parc de Ca n'Oriol
Rubí - 08191Barcelona
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





