XIII Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi convoca o XIII Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" para obras escritas en lingua galega. O prazo límite de admisión de obras é o 31 de maio de 2013 ás 20,00 h., cunha dotación de 600 € para o primeiro premio e de 150 € para o segundo.
Bases:
- I . Poderán participar todos os autores e autoras de calquera nacionalidade que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega.
- II . Os traballos non terán unha extensión superior a cen versos e deberán ser inéditos.
- III . O Concurso está dotado cos seguintes premios:
Primeiro premio: 600 € | Segundo premio: 150 €
Os premios poderanse declarar desertos. - IV . As obras mecanografadas por unha soa cara e a dobre espazo, enviaranse por correo, sen remite, á:
Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
R/ Pablo Picasso, 4
48012 Bilbao
-De cada obra mandaranse cinco copias. A presentación farase polo procedemento de lema e plica.
-No exterior indicarase o título e o lema escolleito.
-No interior incluíranse os datos persoais do autor ou autora: este sobre terá que ir pechado.
-Na parte superior dereita da primeira folla da obra repetirase o lema.
- V . O prazo de admisión das obras rematará o día 31 de maio ás vinte horas. A resolución farase pública o Día de Galicia en Euskadi a celebrar o 6 de xullo de 2013 en Santurtzi, e as obras premiadas poderán ser publicadas nas revistas dos Centros Galegos en Euskadi.
- VI . A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi reservarase os dereitos de publicar as obras premiadas cando lle conveña, sen prexuízo de que o autor ou autora tamén as poida publicar facendo constar que recibiu este galardón.
- VII . O feito de participar neste concurso supón a aceptación total destas Bases.
- Bases completas (picar aquí para descargar)

Evento:
Certame literario
Organiza:
Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Data:
31.05.2013
Hora:
20,00
Lugar:
Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Pablo Picasso, 4
Bilbao - 48012 Bizkaia España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





