Entrega ao Museo do Pobo Galego da Medalla de ouro ao mérito cívico concedida polo Ajuntament de Barcelona ao Centro Galego da capital catalana

Listen to this page using ReadSpeaker
790 lecturas

O acto terá lugar o xoves 31 de xaneiro, ás 19,30 h., na sede do museo.

O pasado 17 de xaneiro o Concello de Barcelona entregou a Medalla de Ouro ao Mérito Cívico ao Centro Galego de Barcelona. A asemblea xeral do CGB acordou por unanimidade ceder a medalla ao Museo do Pobo Galego, onde permanecerá en depósito ata a creación dun museo dedicado á diáspora galega.

Recibirá a medalla o presidente do Padroado do MPG, Prof. Justo Beramendi, de mans do presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete, nun acto público que contará coa asistencia de representantes de ambas as entidades.

Entrega ao Museo do Pobo Galego da Medalla de ouro ao mérito cívico concedida po
Organiza: 
Museo do Pobo Galego & Centro Galego de Barcelona
Data: 
31.01.2013
Hora: 
19,30
Lugar:
Museo do Pobo Galego
San Domingos de Bonaval, s/n
Santiago de Compostela - 15703A Coruña
España