"Hoy no me puedo levantar", na Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
Do venres 9 ao domingo 11 de novembro represéntase, no Teatro Rosalía de Castro da entidade, Hoy no me puedo levantar, o primeiro musical cantado totalmente en vivo na Hermandad Gallega. O espectáculo contén os éxitos do grupo Mecano, e conta coa dirección musical de Delia Dorta, as coreografías de Erika Oya e Elías Lugo, e a dirección xeral e posta en escea de Adolfo Oliveira.
As entradas están á venda no corredor da piscina e nos despachos do teatro nos días da representación, cun custo de 70 $ para as e os socios e de 90 $ para as persoas non asociadas xa que inclúe a entrada ao clube (só o domingo).
Horario das representacións:
- Venres, 9 de novembro: 20,00 h.
- Sábado, 10 de novembro: 20,00 h.
- Domingo, 11 de novembro: 18,00 h.

Evento:
Representación
Organiza:
Hermandad Gallega de Venezuela
Data:
09.11.2012 a 11.11.2012
Hora:
20,00
Lugar:
Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas - Teatro Rosalía de Castro
Avenida Principal Maripérez con Andrés Bello
Caracas - 1050-AVenezuela
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





