Un galego gaña o segundo concurso de carteis para o festival de cine Amal

O festival internacional de cine euroárabe, celébrase anualmente en Santiago de Compostela.

Listen to this page using ReadSpeaker

Cartel gañador da edición 2012. Imaxe: Festival Amal.Un deseñador galego gañou a segunda edición do concurso de carteis convocada polos organizadores do festival internacional de cine euroárabe Amal, que se celebra anualmente en Santiago de Compostela, segundo informaron os convocantes desa iniciativa.

O gañador do concurso dotado con 1.200 euros, é un traballo elaborado polo director creativo da axencia compostelá Rubine Red Co, Alfonso Serrano, sinalou a Fundación Araguaney-Puente de Culturas, organizadora do festival.

Trátase dun cartel denominado Camel Chaplin que, segundo o seu autor, é «unha proposta arriscada coa que se pretende romper as regras establecidas, sorprender, impactar, fomentar o debate, baixo segundo que miradas, e mesmo a polémica», sinala un comunicado do festival Amal.

Máis de 300 propostas de carteis foron presentados ao concurso, a metade deles de diversos puntos de España, e o resto de Francia, Bélxica, Reino Unido, Portugal, Colombia, México e de varios países árabes.

Os 30 primeiros clasificados serán expostos durante a semana oficial do festival, que se celebrará este ano do 14 ao 20 de outubro.

 

 

 

Imaxe: Festival Amal

997 lecturas