Mesa Redonda "50 Anos do Día das Letras Galegas (1963-2012): de Rosalía a Paz Andrade" en Bruxelas
O venres 27 de abril a partir das 19,00 h. o Centro Galego de Bruxelas organiza a mesa redonda 50 Anos do Día das Letras Galegas (1963-2012): de Rosalía a Paz Andrade. Contará coa presenza de Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes, e con representantes da cultura galega residentes en Bruxelas.
Así mesmo, inaugurarase a mostra de fotografías e nanorrelatos de Helena Villar Janeiro titulada: Palabras en imaxe, comisariada por Luz Darriba. As fotografías forman parte do labor que a poeta vén realizando nos últimos anos co que trata de fundir imaxe e texto nun soporte contemporáneo. A exposición, integrada por 22 fotografías cos seus correspondentes textos, permanecerá na Sala de La Tentation ao longo de todo o mes de maio.

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Centro Galego de Bruxelas
Data:
27.04.2012
Hora:
19,00
Lugar:
Centro Galego de Bruxelas
Rue de Laeken 28
Bruxelles - 1000 Bélxica
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





