Festival 2 Mares
Do venres 30 de marzo ao domingo 8 de abril o Centro Gallego de Valencia "Amics de la Gaita", co gallo da súa reapertura, organiza o IIIº Festival Dous Mares, unha iniciativa que busca a fusión entre as riquezas culturais de dúas beiras, a cantábrica/atlántica e a mediterránea, que aglutinan importantes exemplos da riqueza cultural dun país que na actualidade loita por se converter en modelo de referencia en canto a avances sociais.
Contará con varias carpas e casas montadas na canle do río Turia entre o Pont de lles Flors e o de La Peineta durante 10 días e haberá moi boa comida galega a prezos alcanzables. Ademais, totalmente de balde, poderase escoitar boa música en directo, obradoiros para todos os públicos, contacontos para as e os máis cativos e algunha sorpresa máis.
Máis info e o programa completo -que contará con actuacións coma a de A Requinta da Laxeira, Eduard Navarro i La Banda de l'Agredolç, Metal Cambra, Samain, L'Horta Folk, The Pet Pipers' Project, etc.- pódense consultar en www.festivaldosmares.com.






