A Casa de Galicia en Nova York lava a súa cara na Rede

  • As constantes actualizacións e melloras, como as levadas a cabo pola Casa de Galicia no seu portal web, son básicas para difundir a cultura, o folclore e as tradicións galegas ata calquera punto xeográfico.

A colectividade galega en Nova York estreou a comezos de novembro o seu novo espazo virtual co que melloran e actualizan a cara da Casa de Galicia de Nova York. A nova web foi creada ao longo do verán, aínda que é agora cando está dispoñible case na súa totalidade e ofrece aos internautas información, fotos, vídeos e todo tipo de contidos acerca das actividades que realizan os emigrantes na Gran Mazá.

O portal conta con calendarios de actividades, o boletín mensual que publica a Casa de Galicia de Nova York e as fotos dos actos do centro (así como varios enlaces de vídeos aos que se pode acceder doadamente).

A Casa de Galicia de Nova York, tamén coñecida como «Unidade galega de Estados Unidos», naceu en 1940 coa finalidade de manter a cultura, o folclore e as tradicións galegas. Ademais, esta última achega tecnolóxica, seguro que axuda a que moitos non se perdan todas as actividades que as comunidades de galegos levan a cabo en Nova York.

860 lecturas