90 Aniversario da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
A Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina celebrará, xunto ás súas socias, socios, amigas e amigos, o 90º aniversario da súa fundación cun excepcional Banquete Federal, que se ofrecerá o próximo domingo 13 de novembro, dende as 13.30 h., nos salóns do Restaurante do Centro Lalín, situado en Moreno 1949, da Cidade Autónoma de Bos Aires.
O acto congregará a diversos invitados e invitadas especiais como Oscar Fernández Mel, Carlos “Calica” Ferrer, Darío Rivas Cando, Oscar González, Ariel Basteiro, Nora Cortiñas ou o premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel, ademais dos representantes diplomáticos de Cuba, Palestina, Venezuela, Ecuador e Bolivia.
Amenizará a reunión a Orquestra Costa Brava, que interpretará cancións típicas galegas e españolas, que permitirán o desenvolvemento do tradicional baile familiar entre as persoas asistentes.






