As maiores colonias de Europa de gaivota patiamarela e corvo mariño

Só nas illas Cíes habita unha das máis numerosas colonias mundiais de gaivota patiamaeila (Larus cachinnans) con máis de 18.000 parellas reprodutoras, que constitúen tamén probablemente a maior concentración de Europa. En todo o Parque Nacional Illas Atlánticas (o primeiro de Galicia, declarado como tal en xuño de 2002 e que integra xunto a Cíes, ás illas de Ons, Sálvora e Cortegada) viven aproximadamente 30.000 parellas de gaivotas, cifra que supón case a cuarta parte das existentes en España.
Pero este arquipélago ten outra excepcionalidade, pois entre Cíes e Ons crían 1.500 parellas de corvos mariños crisados (Phalacrocorax arestotelis), a terceira parte da poboación española desta especie e tamén quizais a maior colonia de Europa. Xunto a eles aparecen os últimos exemplares de aral común, moi abundante nos anos sesenta, pero especialmente ameazado no litoral galego tras a traxedia do petroleiro Prestige en novembro de 2002.
(O capítulo completo e máis singularidades de Galicia, no libro Galicia en cen prodixios, de Henrique Alvarellos (Edicións Xerais, 2004))


