Axenda
Buscador
-
28.06.2012 a 29.06.2012O xoves 28 e o venres 29 de xuño celébrase, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela), a reunión do X Pleno do Consello de Comunidades Galegas. Orde do día: 1. Constitución do Pleno e apertura da sesión. 2. Exposición das liñas de... Máis información
-
27.06.2012A Secretaría Xeral da Emigración convoca a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar o mércores 27 de xuño de 2012, ás 10,00 horas, no Pazo de Mariñán en Bergondo (A Coruña). Orde do día: Constitución da comisión. Apertura da sesión... Máis información
-
25.06.2012 a 26.06.2012O luns 25 e o martes 26 de xuño a partir das 09,45 h., na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela, a Secretaría Xeral da Emigración organiza a xornada "Programa de integración para persoas inmigrantes". O día 25 a xornada está dirixida ao... Máis información
-
24.06.2012O domingo 24 de xuño, a partir das 19,00 h., a Casa de Espanha de Río de Xaneiro celebra a Cacharela de San Xoán. A festa estará amenizada pola actuación dun grupo de gaiteiros e haberá un menú a un custo de 30$ composto por galeto, sardiñas, batata cachelo, sopas e... Máis información
-
24.06.2012O día de San Xoán, domingo 24 de xuño a partir das 17,30 h. no Biergarten Golgatha en Viktoriapark , os lectorados de galego, catalán e euscaro da Freie Universität de Berlín organizan o primeiro Stammtisch de San Xoán, ao que están convidados todos aqueles e aquelas que se... Máis información
-
23.06.2012O sábado 23 de xuño a partir das 20,00 h., na sede da entidade, o Centro Gallego de Puerto la Cruz celebra a Noite de San Xoán. Haberá sardiñas asadas, viño do país, queimada co seu conxuro e cacharela ou larada para saltar e espantar ás meigas. A festa estará amenizada... Máis información
-
23.06.2012NOTA IMPORTANTE: SUSPENDIDO ATA NOVO AVISO O sábado 23 de xuño a partir das 21,00 h.o Centro Gallego de La Plata organiza un asado de San Xoán. É preciso realizar reserva no tlf. 0221-4228181 os martes e xoves de 14,30 a 18,30 h. ou no enderezo de correo-e... Máis información
-
23.06.2012 a 24.06.2012O sábado 23 e o domingo 24 de xuño, no campo do Loryplatz, o Centro Gallego de Berna organiza a Festa e Sardiñada 2012. Programa: Sábado, 23 de xuño -16,00 h. Triangular de fútbol -19,30 h. Sardiñada de balde para todos os socios e socias e clientela amiga do Centro... Máis información
-
23.06.2012 a 24.06.2012Os días 23 e 24 de xuño a Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa organiza unha peregrinación e viaxe cultural a Santiago de Compostela. Na viaxe -que se realizará nun autocar que partirá da sede da entidade ás 8,00 h. do sábado- contarase coa compañía e asesoramento... Máis información
-
23.06.2012O sábado 23 de xuño a partir das 21,00, na sede social "O Faiado" do complexo do antigo cuartel Tetuán XIV, o Centro Galego de Castellón "O Aturuxo" celebra a súa festa de San Xoán. Haberá sardiñas e chourizos asados, viño, queimada, moita troula e cacharela para saltar e... Máis información
Páxinas |









