Axenda
Buscador
-
19.01.2013O sábado 19 de xaneiro a partir das 20,00 h., o Centro Galego de Castelló O Aturuxo organiza, na súa sede social de "O Faiado" (Tetuan XIV), a Cea de San Antoni ("Santantoná"). Comezará co prendido da cacharela, e logo a cea con xamón, queixo, olleta da Plana, pastissets e... Máis información
-
19.01.2013O sábado 19 de xaneiro ás 20,00 h., na sede da Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela, o gaiteiro pontevedrés Óscar Ibáñez presentará o seu novo CD Alén do mar, nun acto no que repasará a historia da gravación do mesmo e tocará en directo algúns dos temas... Máis información
-
19.01.2013O sábado 19 de xaneiro ás 19,30 h., na Sala Ferrío da sede social da entidade, terá lugar a presentación do libro conmemorativo do 120 º aniversario do Centro Galego de Barcelona. Ás 20,00 h., na mesma sala, terá lugar a inauguración da exposición Nós mesmos.... Máis información
-
17.01.2013O xoves 17 de xaneiro ás 19,00 h., no Salón de Cent do consistorio da cidade condal, o Concello de Barcelona fará entrega da súa Medalla de ouro ao mérito cívico ao Centro Galego de Barcelona, con motivo do 120º aniversario da entidade galega. Máis información
-
15.01.2013O martes 15 de xaneiro ás 19,30 h., na Escola de folklore "Plaza Castilla" de Madrid, comezan os Cursos de canto e pandeireta organizados pola Asociación Cultural Xirandela. As clases serán impartidas por Xurxo Fernándes As inscricións han de realizarse no enderezo... Máis información
-
13.01.2013, 20.01.2013, 27.01.2013Os domingos do mes de xaneiro o Centro Galicia de Bos Aires organiza, na sede do Campo Galicia, as súas tradicionais Romarías Bailables. Domingo 13 de xaneiro -Conxunto rexional Los Lucenses -Orquestra española Los Hispánicos Domingo 20 de xaneiro -Conxunto rexional... Máis información
-
12.01.2013Con motivo do 63º aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o sábado 12 de xaneiro ás 19,00 h. na praza que leva o nome do insigne galeguista, a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Arxentina organiza unha homenaxe á memoria do de Rianxo... Máis información
-
07.01.2013O luns 7 de xaneiro, na Biblioteca Municipal Sagrada Familia da Coruña, comeza o curso de mecanografía organizado pola ONGD Ecos do Sur. O curso é de balde pero é precisa a inscrición previa -e posterior confirmación pola entidade organizadora- a través do tlf. 981 150 118... Máis información
-
06.01.2013O domingo 6 de xaneiro, ás 16,00 h. na Pista Techada, as SS. MM. Os Reis Magos chegan á Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, e traerán moitas sorpresas!!! Máis información
-
06.01.2013O domingo 6 de xaneiro, a partir das 15,00 h., as SS. MM. Os Reis Magos chegan ata o Club España de Newark (Nova Jersey). Custo da entrada: 5 $ Haberá chocolate con churros e rosca Os pais e as nais poden levar regalos para que sexan entregados polos Reis Magos ás e aos... Máis información
Páxinas |









