Axenda
Buscador
-
07.07.2013O domingo 7 de xullo a partir das 13,00 h., na sede da entidade, Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires organiza o Cocido de San Pedro, o prato estrela da gastronomía dezana. O evento estará amenizado pola actuación da orquestra Calypso e o sorteo de premios. Máis información
-
07.07.2013O domingo 7 de xullo a partir das 16,00 h., na sede do Centro Cultural Gallego de Cuxhaven, celébrase unha Grellada - Grillfeier, con costeletas (2,50 €), salchichas (1,60 €), patacas fritas (1,50 €) e moito máis. Máis información
-
06.07.2013O sábado 6 de xullo a partir das 12,00 h., no Campo da Feira de Ourense, a Asociación Alma Llanera organiza o VI Arepazo Ourense 2013, unha celebración con música e gastronomía venezolana para achegar ás terras ourensás os costumes e sabores de Venezuela. Programa (picar... Máis información
-
06.07.2013O sábado 6 de xullo ás 21,30 h., na sede da entidade, o Centro Pontevedrés de Montevideo celebra a Festa do Mes de Galicia cunha Cea bailable con orquestra e discoteca. Menú: -Picada con whisky e refresco -1º prato: xamón cru con ananás -2º prato: polo enrolado en... Máis información
-
06.07.2013O sábado 6 de xullo a partir das 21,00 h., na sede social da entidade, o Centro Galicia de Bos Aires organiza o Folklorazo, conmemorando o Día da Independencia Arxentina. Habrá baile co Conxunto de Jorge Gordillo e "todas" as gravacións de danzas nativas, tangos e milongas... Máis información
-
06.07.2013O sábado 6 de xullo a partir das 14,00 h., no Hyde Park da capital británica, o grupo de Galegos morriñentos en Londres organiza a súa VI Romaría morriñenta. É preciso levar comida, bebida e tamén -se é posible- un instrumento musical para facer festa Máis info no muro do... Máis información
-
05.07.2013O venres 5 de xullo a partir das 20,00 h., na sede da entidade galega na cidade do Texo, a Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa organiza a súa Festa fin de curso. Máis info na Secretaría do centro, no tlf. 21 885 36 80 e no correo-e geral@juventudedagaliza.com Máis información
-
05.07.2013O venres 5 de xullo ás 19,00 h., na sede do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, inaugúrase a exposición fotográfica Imaxes da viaxe 2012 a España e Portugal, da artista plástica María del Carmen Álvarez Costa. A mostra permanecerá aberta ata o venres 12 de xullo. Máis información
-
04.07.2013O xoves 4 de xullo a partir das 18,00 h., no Salón Seguros Rivadavia da capital da Provincia de Bos Aires, o Centro Galllego de La Plata, no marco dos festexos do Mes de Galicia, organiza: Actuación do grupo de música tradicional Cantaruxeiros Proxección do filme 18... Máis información
-
04.07.2013 a 07.07.2013Do 4 ao 7 de xullo, na localidade biscaíña de Santurtzi, a Irmandade de Centros Galegos en Euskadi organiza o XXVIII Día de Galicia en Euskadi. Máis información
Páxinas |








