Axenda
Buscador
-
08.03.2025O Centro Ourensán de Nova Jersey celebra o sábado 8 de marzo, na súa sede, unha festa do cazador. Será a partir das 6:00 PM. O menú constará de veado e lebre, pero tamén haberá un menú variado para non cazadores, así como menú infantil. Inclúe tamén sobremesa variada e... Máis información
-
08.03.2025O Centro Galego de Maracaibo, en Venezuela, celebra o Día da Muller o sábado 8 de marzo cun relatorio da doutora Rossy Martínez. Será ás 5:30 PM no gran salón do Centro. O título da conferencia é "Devuelve tu reloj biológico". Máis info: Facebook. Máis información
-
08.03.2025A Asociación cultural Toxos e Xestas de Barcelona, escola de gaitas e danzas galegas desde 1977, organiza o sábado 8 de marzo, a partir das 12:00 horas, a segunda edición do Encontro do Día Internacional da Gaita en Barcelona. Será unha gran cita, que comezará cun... Máis información
-
08.03.2025O sábado 8 de marzo, na Cafetería Cuyagua, en Santiago de Compostela, a Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia (APEJUVEG) terá aberta unha Oficina Itinerante. Aportarán información sobre: Dúbidas sobre circunstancias persoais para recibir a pensión... Máis información
-
06.03.2025O Centro Galego de Madrid realiza o xoves 6 de marzo, ás 19:00 horas, unha conferencia sobre o libro "Yo, Rajel Ezra. La amante de Alfonso VIII" coa súa autora R.K. Yafa. O evento terá lugar na Biblioteca do Centro. Entrada de balde. Máis info: Facebook. Máis información
-
06.03.2025 a 07.03.2025A Xunta de Galicia organiza unha Feira de Emprego en Bos Aires o xoves 6 e venres 7 de marzo para fomentar o retorno de emigrantes a Galicia. Haberá unha lista cos postos ofertados, entrevistas na propia feira e mesmo se poderán firmar contratos no mesmo día. Ademais tamén... Máis información
-
04.03.2025A Universidade de Oxford festexa o martes de entroido, ao máis puro estilo galego, o martes 4 de marzo ás 18:00 horas. Será en Lamb & Flag. Os organizadores animan aos asistentes a disfrazarse. Haberá música folk galega. Máis info: Facebook. Máis información
-
02.03.2025A Casa de Galicia en León, no seu salón multiusos, realiza a súa festa de entroido o domingo 2 de marzo. Será a partir das 18:00 horas. Haberá animación infantil para o desfrute dos máis pequenos da casa. A festa contará con desfile de disfraces, photocall e discofesta.... Máis información
-
02.03.2025O Club Galicia de Bonn, en Alemaña, celebra a súa particular festa de entroido o domingo 2 de marzo, cunha celebración na súa sede a partir das 16:00 horas, á que convidan a todos os galegos de Alemaña. Entrada libre. Primeira cervexa gratuíta. Máis info: Facebook. Máis información
-
02.03.2025A Casa Galicia de Nova York, en Estados Unidos, organiza o domingo 2 de marzo unha festa de entroido para os seus socios. Será das 2 PM ás 7 PM na súa sede. Haberá concurso de disfraces con premios para os tres primeiros clasificados. Actuará o grupo de baile de ballet e... Máis información
Páxinas |









