Axenda
Buscador
-
02.11.2019O sábado 2 de novembro a partir das 21:00 h, na sede da entidade galega na cidade berce da bandeira arxentina, o Centro Galego de Rosario organiza a festa do Samaín 2019. Pódese ir disfrazado/a Haberá xamón feteado, polo con patacas á crema, sobremesa xeada, bebidas e... Máis información
-
02.11.2019O sábado 2 novembro ás 19:00 h, no Teatro Rosalía de Castro da entidade galega en Caracas, o Grupo de Danzas Lembranzas da Hermandad Gallega de Venezuela presenta o seu especial XX Aniversario. Máis info: Facebook | Twitter | Instagram Máis información
-
02.11.2019O sábado 2 de novembro, na sede da entidade galega no cantón romandés, a Irmandade Galega na Suíza celebra o seu 46º aniversario. Programa: 18:45 h - Actuación do grupo folclórico da entidade 20:00 h - Cea (reservas por correo-e, mensaxes de Facebook ou no taboleiro da... Máis información
-
01.11.2019O venres 1 de novembro ás 21:00 h, no Polideportivo de Carrasco e organizado polo Centro Gallego de Montevideo, celebrarase unha festa de "Sapos e Bruxas". Tickets: Poderanse obter os tickets en Red Pagos Colecta 490019, á venda dos mesmos farase ata ó 31 de outubro.... Máis información
-
31.10.2019O xoves 31 de outubro ás 21:00 h, no Centro Arzuano Melidense de Bos Aires e organizada pola Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, estréase a obra Si fuesen turistas llevarían gafas de sol. Si fuesen turistas llevarían gafas de sol é unha comedia que... Máis información
-
31.10.2019O xoves 31 de outubro, de 17:00 a 17:30 h, na Ludoteca da sede da entidade galega en Bos Aires, o Centro Galicia de Bos Aires organiza Unha pantasma con asma, de Carmen Gil, un contacontos en galego para o Samaín. Lectura: Marta Villar Dinamización: Camila Domínguez e... Máis información
-
03.10.2019, 31.10.2019Do xoves 3 ao xoves 31 de outubro de 2019, na Casa das Campás - Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, permanecerá exposta a mostra Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia. O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega... Máis información
-
04.10.2019, 31.10.2019Do venres 4 ao xoves 31 de outubro de 2019, na Sala 1 do Multiusos da Xunqueira de Redondela permanecerá exposta a mostra Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia. O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus... Máis información
-
30.10.2019 a 31.10.2019O mércores 30 e o xoves 31 de outubro, na sede do Centro Gallego de Puerto La Cruz, a Oficina de Bienestar y Asuntos Sociales da Hermandad Gallega de Venezuela organiza unha xornada informativa sobre os programas asistenciais da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de... Máis información
-
29.10.2019O Lectorado de Galego da Universidade de Leipzig organiza un ciclo de palestras sobre a cultura galega. A primeira palestra será pronunciada polo lector de galego da Universidade de Leipzig e as seguintes por alumnos/as e ex-alumnos/as dos niveis máis avanzados de lingua... Máis información
Páxinas |









