-
O venres 3 de abril a partir das 19,00 h., na sede da entidade galega na localidade suíza, a cantina do Centro Español de Delémont estrea nova xerencia.
Haberá degustación de aperitivos e primeira consumición gratuítas
Máis info na páxina de facebook
-
O sábado 25 de abril a partir das 19,00 h., na sede da entidade galega na cidade condal, o Centro Galego de Barcelona organiza o seu V Encontro de Gaitas.
Actuacións de grupos chegados de Galicia, Asturias, Aragón, Escocia, Bulgaria, Irlanda, Mallorca,...
-
O luns 6 de abril ás 9,30 h., no Teatro Castelao do Centro Gallego de Bos Aires, terá lugar o acto de apertura do XI Congreso Interancional da Asociación Internacional de Estudos Galegos.
Contarase coa presenza da presidenta do Parlamento Galego, un...
-
O luns 6 de abril ás 16,30 h., na Biblioteca Manuel Murguía da sede da entidade galega na capital federal, o Centro Gallego de Bos Aires e o Instituto Argentino de Cultura Gallega organizan a presentación do libro A revolta dos gorrións. Nobres e vasalos...
-
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e mailo presidente executivo da Fundación España Salud, Francisco González Otero, veñen de asinar un convenio de colaboración entre as entidades que dirixen para contribuír á atención das...
-
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mieranda, renova esta fin de semana un dos acordos con entidades asentadas en Venezuela que prestan atención social e sanitaria para seguir garantindo, durante o ano 2015, a asistencia neste ámbito a...
-
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asinou un convenio de colaboración co Centro Galego de Mar del Plata para contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas das e dos cidadáns galegos residentes na Arxentina.
En...
-
O venres 17 de abril ás 16,00 h., na sede do Centro Gallego de Santa Fe, dá comezo un curso de fotografía.
Inscricións (son de balde): ata o martes 7 de abril
Horario das clases: de 16,00 a 18,00 h.
Duración: 5 clases
Cupos limitados
-
Ata o domingo 5 de abril, no Gran Salón da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, pódese visitar a exposición fotográfica Memoria gráfica de la emigración española, mostra organizada polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España...
-
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asina co Centro Galego de Mar del Plata un convenio co obxecto de contribuír á atención das necesidades socio asistenciais básicas das cidadadás e os cidadáns galegos maiores, con problemas de...