Novas
Buscador
- Miranda fai balance das axudas dirixidas aos galegos e galegas residentes en Cuba co embaixador de España e representantes do Goberno centroamericano 30.11.2017 audio O secretario xeral da Emigración reuniuse co responsable de Europa do Ministerio de Relacións Exteriores cubano e co de Xustiza. O cargo autonómico asistirá esta tarde ao capítulo extraordinario da Enxebre Orde da Vieira en La Habana. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse esta mañá na sede da Embaixada de España... Máis información
- Miranda inicia unha viaxe a Cuba cun intenso programa que o levará a reunirse con responsables de varias rexións do país 29.11.2017 audio O secretario xeral da Emigración manterá encontros con diplomáticos españois e representantes das agrupacións de galegas e galegos residentes en Cuba. O cargo autonómico aproveitará a súa estancia para asistir ao capítulo extraordinario da Enxebre Orde da Vieira por mor do 110 aniversario do himno galego. O secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
- A Federación de Centros Españoles de Venezuela ten nova directiva 29.11.2017 audio A Feceve é unha instancia que representa ao colectivo organizado proveniente das distintas comunidades autónomas españolas e, no posible, ao non organizado, residente en Venezuela ante gobernos, organizacións e organismos públicos e privados de España, Europa e Venezuela. A Federación de Centros Españoles de Venezuela (Feceve), estrea nova xunta... Máis información
- Miranda asiste a un concerto didáctico e un acto cultural con nenos e nenas da Hermandad Gallega de Venezuela 24.11.2017 audio O secretario xeral da Emigración fíxolles entrega do libro 'Picariño, Pura e Dora Vázquez na voz de Suso Vaamoonde'. Os pequenos e pequenas gozaron no Teatro Rosalía de Castro da agrupación caraqueña dun concerto prenavideño con Luís Vaamonde e Alfredo Villalba, do grupo A Roda. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu... Máis información
- Miranda supervisa a xestión das axudas de emerxencia e de medicamentos na oficina de atención social da Hermandad Gallega de Venezuela 23.11.2017 audio O secretario xeral da Emigración visitou as dependencias, que acaban de ser reforzadas para atender unha media de cen consultas diarias. O titular do departamento autonómico tamén participou nun acto cultural con alumnos e alumnas do colexio Castelao . O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta mañá a oficina de... Máis información
- Miranda viaxa a Venezuela para facer seguimento dos programas de axudas de emerxencia aos galegos e galegas residentes no país 22.11.2017 audio O secretario xeral da Emigración encontrarase coas e cos representantes diplomáticos españois e participará no Padroado da Fundación España Salud. O cargo autonómico tamén asistirá a varias actividades culturais dirixidas ás nenas e nenos galegos en Venezuela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, viaxará a Venezuela para... Máis información
- O Lar Galego de Pamplona festexou o Magosto 21.11.2017 audio Este pasado sábado, 18 de novembro, o Lar Galego de Pamplona celebrou un magosto. Houbo castañas, viño do Ribeiro, refrescos para as e os máis novos, e música e bailes tradicionais galegos a cargo das e dos integrantes de "Os fillos de Breogán", agrupación folclórica desta comunidade galega fundada no 1951. O evento pechouse cunha cea e posterior... Máis información
- Miranda reúnese co embaixador de Cuba en España para dar continuidade á relación entre Galicia e o país centroamericano 20.11.2017 audio Trátase do primeiro encontro entre o secretario xeral da Emigración e Gustavo Machín, quen accedeu ao cargo o pasado mes de xullo. O titular do departamento galego aproveitou para adiantar ao representante cubano algúns aspectos da viaxe que ten previsto realizar antes de fin de ano ao país centroamericano. O secretario xeral da Emigración,... Máis información
- Conferencias e concertos para analizar a influencia na música galega da emigración e do exilio en América 19.11.2017 audio O grupo de investigación Organistrum da USC organizou o simposio "O espello de Galicia en América: ideoloxía, emigración e exilio (1875-1951)" co apoio de Cultura. O congreso investigou os efectos do movemento migratorio dos músicos galegos e galegas a América. O secretario xeral de Cultura sinalou o intento das e dos intérpretes e compositores... Máis información
- Miranda visita a oficina de Ourense de atención á e ao retornado da Federación de Venezolanos en Galicia 17.11.2017 audio A asociación ten en funcionamento dúas unidades máis, unha en Vigo e outra móbil, que atenden unha media de 250 consultas ao mes. A Secretaría Xeral da Emigración mantén un convenio coa agrupación dotado con 20.000 euros, que permite o funcionamento deste servizo gratuíto. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta... Máis información
Páxinas |









