Novas
Buscador
- Miranda traslada aos galegos e galegas da Estrada e a súa comarca en Caracas a importancia da colaboración na difusión dos programas sociais da Xunta de Galicia 20.01.2018 audio O secretario xeral da Emigración lembra que a colaboración é imprescindible para trasladar os casos de máis necesidade á Hermandad Gallega para que os canalice cara á Administración. O responsable galego mantivo unha xuntanza cos responsables do Centro Benéfico Social Hijos de A Estrada de Caracas. O secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
- Milleiros de quilómetros para conseguir un mestrado nunha universidade galega 19.01.2018 audio Sabes desde onde regresou Pablo Fernández Veiga para facer un mestrado en Aproveitamento e Eficiencia Enerxética na Universidade da Coruña? E Ana Hauradou e Diana Benítez? España Exterior dedícalles unha reportaxe a dobre páxina a tres dos beneficiarios e beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior. Aquí che deixamos o enlace para que... Máis información
- O cadro de Castelao 'A derradeira leición do mestre' viaxará por primeira vez a Galicia 18.01.2018 audio O óleo, que nunca saíu da Arxentina, exhibirase nunha exposición sobre Castelao prevista para o último trimestre deste ano na Cidade da Cultura. O Centro Galicia de Bos Aires acepta a súa cesión temporal tras unha longa negociación iniciada polo conselleiro Román Rodríguez na súa última viaxe a Arxentina. A Consellería de Cultura, Educación e... Máis información
- Miranda interésase pola situación da colectividade galega residente en Barquisimeto, a cuarta cidade máis poboada de Venezuela 16.01.2018 audio O secretario xeral da Emigración reuniuse coa cónsul honoraria na rexión, Daría González. O responsable autonómico insistiu na necesidade de colaboración para detectar os casos de necesidade máis urxentes. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, interesouse pola situación da colectividade de galegas e galegos residentes en... Máis información
- Miranda amosa o seu apoio á nova etapa que vén de iniciar a Asociación Galega en Suíza Rosalía de Castro de Berna 13.01.2018 audio O secretario xeral da Emigración reuniuse coa presidenta da entidade para coñecer o proxecto de futuro da agrupación. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, amosou o seu compromiso coa asociación galega en Suíza Rosalía de Castro de Berna na nova andadura que a agrupación vén de iniciar. O responsable autonómico mantivo un... Máis información
- Miranda renova os contactos coas institucións de galegas e galegos en Cataluña cun encontro co Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona 11.01.2018 audio O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión con dous representantes da entidade para analizar as previsións de cara a 2018. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de renovar o contacto coas institucións de galegas e galegos residentes en Cataluña cunha reunión co Centro Galego e Casas de Galicia de Barcelona e... Máis información
- Miranda salienta o labor fundamental que levan a cabo as entidades do exterior na detección de galegas e galegos en situación de necesidade en Venezuela 10.01.2018 audio O secretario xeral da Emigración agradeceu ao vicecónsul de España en Valencia o traballo que fai en coordinación coa Hermandad Gallega. O responsable autonómico interesouse polo estado da colectividade galega en Venezuela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceu en persoa o labor fundamental que o vicecónsul... Máis información
- Faro de Vigo faise eco das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) 09.01.2018 audio Retornou de Polonia para estudar Mecatrónica, regresou de Alemaña para facer un mestrado de Enxeñaría da Automoción, veu de Venezuela para especializarse en Acuicultura, e mudou a Galicia desde San Felipe de Yaracui para obter un posgrado en Xeoinformática. "Estela", o suplemento da fin de semana do Faro de Vigo, cóntache no seu último número... Máis información
- Miranda intensifica o contacto co Galícia Esporte Clube de Salvador de Bahía, que celebra este ano o seu 85 aniversario, na procura de posibles vías de colaboración 08.01.2018 audio O secretario xeral da Emigración reuniuse co presidente da entidade, cuxo primeiro equipo aspira a volver liderar o Campionato Baiano de fútbol. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión co presidente do Galícia Esporte Clube, Manolo Muíños, no que será o primeiro dunha serie de contactos que se... Máis información
- A entrevista a Antonio Rodríguez Miranda, no Telexornal Mediodía da TVG 28.12.2017 audio O 'Telexornal Mediodía' da Televisión de Galicia tamén se fixo eco da entrevista do 'Bos Días' ao secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Telexornal Mediodía da TVG (picar aquí para acceder) Máis información
Páxinas |









